top of page
Buscar

Megumi Shiozawa

  • Foto del escritor: Xantares da Morriña
    Xantares da Morriña
  • 14 dic 2019
  • 2 Min. de lectura

Unha viaxe de Tokio a Santiago de Compostela



“Venga, vamos también a España”. Así comezaba a historia de Megumi Shiozawa na Península Ibérica, de paso. Dende Xapón, desprazouse ata España para visitar Madrid, Cuenca, Toledo e Andalucía nunha viaxe cunhas amigas da carreira. Cando regresou, inmediatamente se matriculou nunha escola de idiomas en Tokio para aprender español. Por aquel entón, Megumi traballaba día e noite debido á explosión da burbulla no país: “Me levantaba a las siete de la mañana y estaba en la empresa hasta las once de la noche”. Pero iso non foi excusa para seguir aprendendo e coñecendo a cultura hispana.



Megumi (esquerda) xunto a súa irmá maior no Festival das Nenas en Tokio


Durante catro anos aforrou diñeiro suficiente para voltar a España. Casualmente, unha compañeira da academia xa viaxara a Santiago de Compostela. “Me dijo que era una ciudad pequeñita, de peregrinación y estudiantes. Entonces, me fié”, lembra. Dende entón, Megumi leva a metade da súa vida en Galicia. Non obstante, aínda que xa está plenamente adaptada, é consciente de onde vén, e non precisamente polo aspecto físico, senón que pola educación tan tradicional que lle inculcaron seus pais dende que era unha nena: “Inconscientemente soy más japonesa”.



Shiozawa no seu despacho en Casa Galicia Xapón



Por este motivo, Shiozawa quere transmitir a súa cultura aos galegos. A través das numerosas empresas que rexenta, como Casa Galicia Japón, pretende promover o intercambio entre a cultura galega e a nipona, especialmente no ámbito gastronómico. Pero, é posible unha fusión de pratos entre civilizacións tan diferentes?


Megumi é a encargada de preparar a cea do Nadal que celebra coa súa familia en Galicia. Recorda que un ano non tiña viño branco para cociñar a vieira á galega, así que lle botou sake: “Dijeron que estaba rico, aunque sabía muy diferente”. Dende entón, a mestura de ambas gastronomías son pratos que cociña cada día na súa casa.



 
 
 

Comments


bottom of page