top of page
Xantares da morriña
Xantares da morriña

Os emigrantes galegos son empurrados por causas imponderables, que ninguén soubo desentrañar; pero que todos intuímos vagamente [...] emigraron para satisfaceren anceios metafísicos e cumpriren os destinos da nosa raza viaxeira, magoada de saudades e ao mesmo tempo enraizada no chan nativo. ¡Quen sabe se a saudade galega non será outra cousa máis que a loita de dous anceios incompatibles: o de estar e non estar na Terra!

Alfonso R. Castelao, 1944

​

​

​

Era unha vez un recuncho verde chamado Galicia. Unha esquiniña frondosa onde chovía tanto que os autóctonos inventaron máis de 100 palabras para nomear á auga que xurdía das nubes: orballo, poalla, babuña, trebón... Mais por moito que os galegos amasen a súa terra nativa, algo os empuxaba a marchar. Dende hai un século, a historia deste pobo está vencellada á trasfega de maletas cheas de recordos e á morriña epidémica da que enferman todos aqueles que emigran. O galego que viaxa vive por sempre co corazón partido, primeiro pola patria que deixou atrás e, á volta, polo anaco de si mesmo que deixou fora, ese sentimento nunca abandona.

​

Inmigrantes_gallegos_llegando_a_Argentina
Jara Zambrano

Galega emigrada en Polonia

jara.jpg

“emigrei porque quería visitar outros países, quería probar a vivir noutros sitios. Eu era freelance así que pensei, por que non?”

Orixe Galicia

​

Mª Ángeles Rial partiu a Suíza en 1977, no auxe das migracións a Centroeuropa. Entrou no país de forma ilegal, polo que tivo que ser moi cautelosa durante os cinco anos que permaneceu indocumentada: “andabas con medo porque non sabías se alguén che seguía, moitas veces os policías se subían nos tranvías camuflados. Eu xamais dixen a ninguén onde vivía e onde traballaba”. A súa idea era establecerse alí durante unha temporada e volver en canto houbera aforrado: “catro ou cinco aniños e logo volver para a terriña porque a morriña tira moito, pero durou 20 anos”.

 

O seu caso é similar ó de moitos outros galegos que aínda viven no estranxeiro. Segundo datos do INE, 151.763 persoas nacidas en Galicia residen actualmente noutros países. Un gran número deles son emigrantes de mediados do século XX que xa estableceron a súa vida na diáspora, outros forman parte dunha nova fornada, como Jara Zambrano, que marchou na procura dun futuro mellor: “emigrei porque quería visitar outros países, quería probar a vivir noutros sitios. Eu era freelance así que pensei, por que non?”. Agora é directora artística dunha empresa de videoxogos en Cracovia, pero o seu éxito non mingua as súas ganas de volver: “teño moitísima morriña, boto de menos á miña familia e a vida que levaba antes de vir aquí. Gustaríame volver a Galicia, se non é agora será nun futuro”.

 

 

​

Un destino que namora

​

Os camiños que percorremos teñen moitos destinos, a senda da Presidenta da Casa Xapón, Megumi Shiozawa, atravesa medio planeta e culmina cunha historia de amor. Chegou procedente do país nipón hai 27 anos animada pola experiencia dunha viaxe anterior, e despois duns anos en Galicia namorouse dun galego. Agora a súa vida está enraizada aquí pero sentimento que a une co seu orixe segue a ser forte: “cuando vuelvo de Japón por una visita o por trabajo, las primeras dos semanas me siento como una extranjera. Creo que inconscientemente soy más japonesa que gallega, aunque me he adaptado a Galicia porque los gallegos han sido muy hospitalarios siempre conmigo”.

 

Outra migración que xurdiu do corazón foi a de Tomás Rubio, xefe de cociña do restaurante A Viaxe, en Compostela. Peruano de nacemento, quedou prendado dunha estudante galega en Arxentina. Tras un tempo de ir e vir decidiu mudarse a Galicia. “La primera comida que comí aquí fue un cocido, a la una de la mañana un 25 de septiembre. Dije: de aquí no me tengo que mover” lembra cun sorriso. Con todo, insiste en que nunca esquecerá que é do Perú. Proba diso é a inspiración da cociña no seu negocio, baseada na súa orixe: “adaptamos tanto recetas gallegas como peruanas, hacemos una especie de cocido con matices peruanos o hacemos una ajada con ají seco que al final da la misma fórmula de una ajada hecha con pimetón”.

 

Os pais de Gloria Rodríguez, atoparon traballo en Alemaña e mudáronse dende Palencia con toda a familia. Ela medrou feliz en Hamburgo, onde había unha comunidade grande de españois: “Cuando era moza había un centro español, allí nos juntábamos a bailar y había música española”. Alí coñeceu ó galego que cambiaría o seu destino, e polo que se mudaría a un pequeno pobo do interior de Pontevedra. Tras 42 anos en Galicia aínda non fala ben o idioma, pero ten dominado ó polbo á feira: “si a la gente le gusta algo, hay que aprender cómo se hace, no soy una experta en cocina gallega, pero lo hago más o menos bien”.

Megumi Shiozawa

Nipona emigrada en Galicia

IMG_3105_edited.jpg

"cuando vuelvo de Japón por una visita o por trabajo, las primeras dos semanas me siento como una extranjera"

Historia del tío Galo.mp3Gloria Rodríguez
00:00 / 00:37
Jorge Guitián 

Divulgador gastronómico

WhatsApp Image 2019-12-16 at 10.56_edite

 “aínda estamos a descubrir o que a gastronomía pode dicir de nós”.

Os xantares

​

O emigrante sofre unha doenza que so se cura volvendo á terra que o viu partir. Na memoria dos expatriados coexiste unha mestura de lembranzas vencelladas ós sentidos: as cores da paisaxe, o canto dos paxaros, a fragrancia dunha avoa, as mans sobre a pel... Nada que poida caber nunha maleta. Mais existe un quinto senso, capaz de transportar a unha persoa de volta á casa no tempo que se tarda en levar a culler do prato á boca. O sabor do fogar é inconfundible.

​

Dentro de cada tarteira hai moito máis que ingredientes, as receitas fanse de tradición, transmítense con amor. Para o divulgador gastronómico Jorge Guitián “moita da riqueza cultural tradicional galega pode entenderse en clave gastronómica: como nos relacionamos co territorio, como construímos, como vivimos, horarios, xeitos de relacionarnos...”, e engade que “aínda estamos a descubrir o que a gastronomía pode dicir de nós”.

​

​

Para cada un dos protagonistas desta reportaxe, existe un prato que o conecta inmediatamente co seu orixe ou que atesoura recordos das súas viaxes. Mª Ángeles recorda como lle aprendeu a unha señora vienesa a facer filloas. Gloria, lembra as comidas no seu fogar en Alemaña: “El domingo había paella, eso era sagrado, porque era el día que estábamos todos en casa”. Tomás conserva unha morea de recordos en torno á mesa, coa súa familia de 7 irmáns. A comida, en tódalas culturas, está no centro das relacións sociais e reflicte quen somos.

​

Cando Megumi prepara pratos tradicionais xaponeses para os seus coñecidos, amosa tamén unha parte de si mesma: “una de las misiones importantes que tenemos todos los japoneses que vivimos en España, es transmitir nuestra propia cultura en donde vivimos”. Cada vez que hai unha celebración na empresa de Jara, ela comparte a súa cultura: “No meu equipo xa é tradición que leve unha tortilla cada vez que algo pasa”. Esa costume, leva implícita unha forma de ser, é unha mostra da xenerosidade galega. Nunha segunda lectura de cada receita, vense, entre liñas, trazos da sociedade que a creou. Quizais, no sabor dun guiso se poida, dalgún xeito, degustar a identidade dun pobo.

​

​

CastelaGloria Rodríguez
00:00 / 00:33
Xantares bn.png
bottom of page